Aviso legal 

07 Infancia, menores e familia

Sempre dende o enfoque integral co que desenvolvemos a nosa actividade, en Sociser tamén ofrecemos atención profesionalizada ás familias, fundamentalmente no ámbito local, por ser este o seu contorno máis inmediato.

Neste marco, cobra especial relevancia o Proxecto Aldebarán, a través do que desenvolvemos diferentes plans de actuación enfocados aos menores e ás familias, con programas específicos fóra do fogar ou coa atención domiciliaria dos máis pequenos. Procuramos así a conciliación de traballo, familia e formación no marco dun plan socioeducativo máis amplo, ao tempo que damos resposta ás novas necesidades de ocio e tempo libre.
Programas de conciliación e servizos complementarios

Programación de actividades para a época de vacacións escolares.
• Campamentos de verán e urbanos
• Obradoiros e talleres temáticos

Servizo asistencial e educativo co que se atenden as necesidades específicas tanto de familias como de centros escolares.
• Actividades extraescolares e ludotecas
• Apoio educativo
• Talleres de reforzo e obradoiros de idiomas
• Aulas abertas de novas tecnoloxías
• Almorzos, xantares e merendas saudables
• Atención domiciliaria dos nenos...
 
Programas de actividades de
información e asesoramento xuvenil


Plans específicos adaptados segundo a idade dos destinatarios.
• Educación para a saúde
• Comunicación e conflitividade
• Promoción da igualdade
• Integración de colectivos específicos
• Orientación e asesoramento de formación
• Saídas profesionais e inserción laboral...
 
Programas para colectivos específicos

Plans adaptados ás necesidades de distintos colectivos sociais.
• Escola de nais e pais
• Integración social de colectivos en risco de exclusión
• Alfabetización en linguas propias
• Orientación e asesoramento laboral...
 
Programas de ocio interxeracional

Programación de actividades de cooperación, interacción e intercambio entre persoas de distintas xeracións (nenos / avós / adolescentes...)
Contacte con nos Contacte con nos