01 Quen somos?

Son xa máis de 27 anos os que avalan a solvencia do Grupo Sociser na prestación profesional de servizos á comunidade, unha sólida traxectoria que dota á nosa compañía dun alto grao de especialización ao servizo do conxunto da sociedade, a través das súas distintas divisións empresariais.

Así, e ao longo destas case tres décadas, mantivemos un activo papel na busca permanente de respostas profesionalizadas ás novas necesidades sociais, ampliando paulatinamente a nosa carteira de servizos ata converternos na primeira entidade con capacidade plena para cubrir a totalidade do Catálogo Galego de Servizos Sociais.

Hoxe en día, desenvolvemos múltiples proxectos ao longo do territorio galego, cun equipo de máis de 400 profesionais que proporciona atención especializada a máis de 4.500 persoas.
Aviso legal
Contacte con nos Contacte con nos