Aviso legal 

05 Dinámicas de envellecemento activo

En Sociser traballamos dende o convencemento e o coñecemento de que o proceso de envellecemento debe ser entendido como un ciclo máis de crecemento persoal, concepción que permite aos nosos maiores desenvolver todo o seu potencial de benestar físico, emocional e social, ralentizando os procesos de dependencia e preservando ou mesmo mellorando a súa calidade de vida.

No marco desta clara aposta polo envellecemento activo, desenvolvemos un amplo abano de programas específicos que pivotan sobre un triplo eixo de actuación: o ocio e o tempo libre, a prevención e a recuperación funcional.

Trátase de incrementar a independencia das persoas maiores, si, pero tamén de acadar a súa óptima integración social. Porque, seguramente, o reto pasa agora por abrir a vellez á sociedade, por favorecer a participación activa dos nosos maiores e por poñer en valor a súa achega en todos os ámbitos sociais.
Ocio e tempo libre

Programas de animación terapéutica
• Actividades socioculturais
• Manualidades e artesanía
• Técnicas de recursos motrices e expresión corporal
• Expresión corporal e artística
• Dinámicas de grupo
• Musicoterapia, risoterapia
• Relaxación...

Programas de formación adaptados
• Preparación para a xubilación
• Acceso aos novos medios dixitais
• Voluntariado activo...
 
Prevención e recuperación funcional

Programas de recuperación funcional
• Xerontoximnasia
• Talleres de memoria
• Intervención no deterioro cognitivo
• Deporte adaptado...

Programas específicos de prevención e sensibilización
• Promoción da saúde
• Orientación cara ao autocoidado
• Prevención da dependencia
• Dietética e nutrición saudables
• Prevención de riscos no fogar
• Demencias e Alzheimer...
Contacte con nos Contacte con nos